Materiais necesarios.
- Un ovo cocido.
- Un frasco ou botella de vidrio.
- Una caixa de cerillas.
- Un pouco de papel.
Descripción da experiencia.
Facemos unhas tiras finiñas de papel e introducímolas dentro da botella, de seguido prendemos unha cerilla e rapidamente colocamos o ovo cocido na boca da botella, e observamos o que ocorre...
Isto é o que debería de ocorrer. Fai click sobre a imaxe.
Isto é o que nos ocorreu a nos...
No primeiro caso non empregamos unha botella de vidrio e isto é o que ocorreu... :(
No seguinte caso o frasco que tiñamos a man era igual de estreito pola boca que polo que polo resto e o ovo non conseguiu entrar na súa totalidade. Pero si que podemos observar como o absorve cara dentro.
Dende logo somos un pouco desastre... jejeje
Explicación.
Faremos está experiencia para que os nenos e nenas vexan como ó quentarse o aire que está contido na botella, as moléculas que constitúen o aire (nitróxeno 78%, osixeno 21%, etc.)
móvense dunha forma máis frenética (teoría cinética dos gases) polo que se confinan nun recinto pechado, exercerán maior presión sobre as paredes do recinto. No caso do aire que estaba dentro da botella, ao non estar confinado, escapa ao exterior, para manter asó a presión constante no interior. Cando a boca da botella se tapa co ovo, que posúe unha gran flexibilidade por estar cocido, a pequena chama apágase (combustión do osíxeno do interior) co que a temperatura comeza a descender, diminuíndo a presión do aire ao estar contido nun volume constante. Como consecuencia da menor presión do aire do interior da botella, o aire do exterior exerce unha presión sobre o ovo facendo que este se introduza pola súa flexibilidade. Unha vez que o ovo esta dentro da botella está libre, as presións iguálanse.
Esta práctica pode realizarse en educación infantil sempre é cando sexa a mestra ou o mestre o que manipule o lume, xa que pode existir risco de queimaduras nos nenos e nenas da aula.
Esta práctica pode realizarse en educación infantil sempre é cando sexa a mestra ou o mestre o que manipule o lume, xa que pode existir risco de queimaduras nos nenos e nenas da aula.

No hay comentarios:
Publicar un comentario