jueves, 1 de mayo de 2014

A ciencia da atmósfera e do clima.

Nesta practica comprobaremos algunhas das principais características da atmósfera, simularemos a pequena escala fenómenos atmósfericos, comprobaremos fenómenos relacionados coa temperatura e por último relacionaremos os efectos que ten a temperatura sobre o clima. Para isto plantexaremos unha serie de supostos que tentaremos demostrar.

SUPOSTOS

Demostrar que o aire ocupa lugar no espacio.

Empregando un vaso transparente de plástico, un vaso de precipitados máis pequeno e un corcho ou unha boliña de espuma, debemos demostrar que este suposto é valido.




O noso grupo cree que este suposto é valido porque  empregando os materiais da práctica observamos como ó deixar un corcho flotando dentro dun vaso de 2litros e tapalo con outro vaso máis pequeno o espazo no que queda o corcho queda valeiro de auga, polo que con esto deducimos que o aire ocupa lugar porque o vaso queda valeiro de auga pero cheo de aire, o cocho queda seco pola súa parte superior. O realizar a practica coa bolita pasa o mesmo á única diferenza é que o corcho non flota e a bolita si debido a densidade da bolita é máis pequena ca auga e a do corcho maior.

Demostrar que o aire pesa.

O noso grupo cree que ó aire pesa para intentar demostralo elaboramos unha balanza empregando unha variña de metal, un anaco de plastilina, un globo, fío e cinta adesiva. Conseguimos o equilibrio co globo inchado e coa plastilina, cun alfiler debemos pinchar o globo e demostrar que o equilibrio se rompe, isto significa que que o aire pesa, porque ainda que pensemos que o que pesa é o globo o globo queda colgando igual da bascula polo que o que mantiña o equilibrio era o aire.


Ó colocar o globo inflado na balanza, esta mantense en equilibrio.

Ó pinchar o globo co alfiler, a balanza deixa de estar en equilibrio.

Demostrar cal é o efecto que ten a temperatura sobre o aire.

Para demostrar a validez deste suposto necesitaremos un conxelador, unha botella de vidrio e un globo.

Ó estar a botella no conxelador o aire comprímese e ó quentalo agora o aire se expande e por iso se incha o globo, coa lámpada lle damos máis calor e todavía podemos ver como o globo se incha. Canto maior fora o matraz máis aire tería polo que máis se incharía o globo.




Determinar o efecto da temperatura no movemento do aire.

Recortamos unha espiral co papel de filtro e colgámola dun hilo e poñémola sobre unha lámpada para comprobar como xira á espiral, dependendo da potencia da fonte de calor moverase máis ou menos.



REFLEXIÓN DIDÁCTICA

Un neno ou nena de Infantil debe aprender temas relacionados coa atmósfera e o clima para coñecer mellor o noso medio e comprender algúns dos fenomenos metereolóxicos que acontecen no noso planeta.

Dende un punto de vista científico esta actividade é moi interesante xa que os nenos e nenas aprenden ciencia sobre a atmósfera que os rodea. A parte negativa que podemos ver nesta práctica e que se empregan materiais como un alfiler ou a lámpada que pode provocar algún dano nos nenos e nenas polo que deberá de ser supervisada polos mestres.

Seguramente dende un punto de vista didáctico ós nenos e nenas gustelles moito esta práctica, xa que experimentar con auga e con globos resultarálles entretido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario