viernes, 23 de mayo de 2014

A ciencia da química.

Os obxetivos que pretendemos acadar coa realización desta práctica son os seguintes.
  • Verificar a composición heteroxénea das prantas en relación ao contido en pigmentos. 
  • Separar os diferentes pigmentos dunha pranta. 
  • Identificar distintos modos de separar compostos químicos. 
Materiais necesarios.

  • Mortero
  • Pipeta pasteur
  • Tarxeta cromográfica
  • Unha folla verde
  • Tubo de ensaio
  • Frasco hermético

Reactivos necesarios.

  • Hexano
  • Etanol
  • Acetona
  • Sodio sulfato anhidro

Descripción da práctica.


A continuación iremos explicando en que consiste a práctica paso por paso.

Preparamos a mostras nun morteiro, esmagamos unha folla cunha mestura de 4mL de hexano e  2mL  de etanol.











Cunha pipeta Pasteur trasladamos o extracto obtido no morteiro  a un  tubo de  ensaio  e homoxenizamos amodo cunha  cantidade  igual de auga,  impedindo  a  formación  de emulsións. Eliminamos  a  fase acuosa mediante unha  pipeta Pasteur e lavamos sucesivamente, dúas veces con 2mL de auga para eliminar o etanol. Transferimos a  fase orgánica  nun tubo de ensaio e engadimos cunha espátula un pizquiño de sulfato de sodio anhidro para eliminar a auga. 







Preparación da tarxeta de cromatografía. 

Marcamos na tarxeta cunha punta de lapis, unha liña que indique o punto de inserción da mostra (tres puntos). Cun capilar, neste caso empregamos o tubo da tinta dun boli bic, depositamos  un  pouco  da solución  orgánica  contendo  pigmentos  na  tarxeta  de cromatografía;  depositar  tres  puntos  diferentes concentracións.  Para  evitar  a mestura difusa a través  da tarxeta, baleiramos o  contido do capilar de  cada vez e soplamos suavemente para secar o disolvente. 











Desenvolvemento  das  placas.  

Preparamos  uns  10mL  de  eluinte  (mestura  de hexano/acetona 7:3). E o botamos nun frasco hermético, psoteriormente colocamos a placa cos puntillos hacia abaixo, e esperamos a que a placa absorba o eluite. observamos os resultados.Unha boa separación pode chegar a revelar a presenza de polo menos sete puntos de cores.










O resultado que obtivemos na nosa placa foi o seguinte.



O Rf que obtivemos na nosa práctica foi o seguinte.

Da orixe da mostra á nova posición. 5,5 CM
Da orixe da mostra ó frente do disolvente. 7 CM

Sabendo que o Rf calculase:

Da orixe da mostra á nova posición/Da orixe da mostra ó frente do disolvente= RF

Rf= 5,5/7= 0,79


REFLEXIÓN DIDÁCTICA.

O noso grupo considera que esta práctica non é para nada axeitada para traballar en infantil xa que implica moitos perigos para os nenos e nenas. Esta práctica é util dende un punto de vista didáctico para nenos do último ciclo da primaria ou o primeiro ciclo da ESO. Xa que presenta bastantes complexidades e riscos.

Para introducir o tema da química en Educación Infantil o noso grupo propón a elaboración de moco falso. Podédes ver en que consiste a práctica facendo click sobre o link.




No hay comentarios:

Publicar un comentario