Coa realización desta práctica acadaremos os seguintes obxectivos.
OBXECTIVO
- Experimentar e observar o comportamento dos raios de luz ao interaccionar con diferentes elementos ópticos.
- Experimentar e observar o comportamento da luz cando atravesa filtros de cores.
- Experimentar o comportamento das luces de diferentes cores cando se xuntan
- A óptica é a rama da física que analiza as características e as propiedades da luz, estudando como se comporta e se manifesta.
A reflexión (a modificación que se produce no rumbo dun raio na superficie que
separa a dous medios, o que fai que volva ao punto de partida), a refracción (a
alteración de dirección cando o raio deixa un medio e pasa a outro) e a
difracción (a curva aparente e a separación da luz cando esta se topa con
algunha barreira) son algúns dos fenómenos estudados pola óptica.
(lo que
varían los puntos de enfoque son las lentes)
A
primeira actividade desta práctica consiste en colocar un espello plano fronte
a fonte de luz usando unha rexilla dun canle, a continuación variamos o ángulo
do espello con respecto ao raio incidente. Logo medimos os ángulos incidentes e
de reflexión cuxa medida son 46º
Despois usamos unha grella de 4 canles e interpuxemos unha lente bicóncava e
medimos os tres ángulos, as medidas son:
- 1º raio empezando pola esquerda 10º
- 2º raio 4º
- 3º raio 10º
- 4º raio 20º
Inversión horizontal
Colocamos un raio de luz
azul (pola esquerda) e outro raio vermello (pola dereita), diante dos cales
poñemos un espello e observamos como a dirección dos raios cambia o raio
vermello pasa ó lado esquerdo e o raio azul pola dereita.
Descomposición da luz
Poñemos na máquina luces de
diferentes cores, cores primarios (verde, vermello, azul). Primeiro sumamos luz
verde e vermella, e obtemos unha luz máis
clara e se lle engadimos o azul, crearase un raio de luz branca. Se poñemos na
máquina luces de cores como o cyan, magenta e amarelo o raio de luz que
obteremos será negro.
Experiencias de aprendizaxe autónomo.
Realizamos unha actividade autónoma para iso
empregamos unha lente cóncava e outra convexa. Coa lenta convexa os raios de
luz xúntanse nun punto e o colocarlle diante unha lente cóncava, a distancia
entre as dúas lentes é de 3,5cm, o punto
de unión desprazase máis adiante en concreto 6 cm.
Por último realizamos colocamos un prisma diante do foco de luz para observar a descomposición da luz branca en luces de varias cores.
Reflexión didáctica
- Cres que esta práctica pode ter interese en ensino infantil.
Non, xa que
consideramos que esta práctica e moi complicada para desenvolver en educación
infantil. Pensamos isto porque incluso a nós nos resultou bastante difícil de
entender.
- Propón un plantexamento didáctico para introducila nesta etapa educativa indicando o instrumental de uso común que usarías.
Para traballar a
ciencia da luz e da cor en educación infantil realizaremos unha actividade que
consistira en: a través de un foco de luz no cal cada persoa fará unha figura distinta co seu corpo a cal se verá
reflectida nunha parede. Por exemplo un neno poderá simular un paxaro outro
unha árbore movéndose a causa do aire.
- Valora a actividade que tes realizado no seu conxunto. Que tes aprendido desde o punto de vista científico? Aporta os teus rexistros de laboratorio e xúntalle en cada caso unha explicación breve de carácter técnico-científico.
Mediante a realización
de esta práctica aprendemos a empregar o light box optical set.
Permitiunos adquirir
coñecementos físicos sobre óptica, ao mesmo tempo que observamos como pode
variar os raios de luz en función do que lle coloquemos diante, ben sexa un
espello ou algún tipo de lente. Estas lentes, nalgúns casos poden transformar a
luz branca en cores.
- Que tes aprendido desde o punto de vista didáctico?
Dende un punto de
vista didáctico aprendemos a experimentar
con lentes e a traballar con luces. A descompoñer a luz, a crear luz branca
a base de luces de cores. Traballar colaborativamente axudándonos uns os outros,
a resolver as diferentes dudas.






.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario