A CIENCIA DO MICROSCÓPIO
Os obxectivos que imos acadar realizando esta práctica son os seguintes.
- Aprender as partes do microscopio composto e os fundamentos do seu uso.
- Preparar diferentes motivos biolóxicos para a súa observación ao microscopio.
- Realizar observacións ao microscopio.
Para comezar amosaremos as partes do microscopio óptico composto.
- Ocular: lente situada cerca do ollo do observador. Amplía a imaxe do obxectivo.
- Tubo óptico: pódese acercar ou alonxar da preparación mediante un tornillo macrométrico ou de de grandes movementos que sirve para realizar un primeiro enfoque.
- Revólver: contén os sistemas de lentes obxectivos. Permite, ao xirar, cambiar os obxectivos. A esfera soe chamarse cabezal e contén os sistemas de lentes oculares (monoculares ou binoculares)
- Brazo: é unha peza metálica de forma curvada que pode xirar, sostén polo seu extremo superior ao tubo óptico e o inferior leva varias pezas importantes.
- Platina: lugar onde se doposita a preparación.
- Obxectivo: Lentes situada cerca da preparación. Amplía a imaxe desta.
- Pinzas de suxeción: Parte metálica que sirve para suxetar a preparación. A maioría dos microscopios modernos teñen as pinzas adosadas a un carro con dous tornillos, que permiten un avance lonxitudinal e transversal da preparación.
- Condensador: Lente que concentra os raios luminosos sobre a preparación. O condensador da parte de abaixo tamén se chama foco e é o que se dirixe aos raios luminosos hacia o condensador.
- Tornillos de enfoque: Macrométrico que aproxima ao enkfoque e micrométrico que consigue o enfoque correcto.
- Base: suxección de todo o microscopio.
- Sobre a platina colócase a preparación que se vai observar con un orificio central polo que pasa a luz procedente do espello. O espello con unha cara plana e outra cóncava, está montado sobre un eixo xiratorio ubicado na zona inferior do brazo da platina.
ACTIVIDADES
- Nesta primeira actividade que realizaremos co microscopio, comenzamos a manexalo e obseremos diferentes mostras, como cromosomas ou un Aparello de Golgi.

2. Na segunda actividade precisaremos diferentes materiais.
Materiais.
- Microscopios.
- Portas e cubreobxectos.
- Agullas enmangadas.
- Cubeta e soporte para tincións.
- Mecheiro de gas.
- Frasco lavador.
- Azul de metileno.
- Mucosa bucal humana.
O primeiro que debemos facer para comenzar
esta práctica, é introducir un palillo na cabidade bucal, raspando a cara interna do carrillo. A continuación limpiarase o producto
obtido con unha agulla.
Por outro lado depositarase unha pinga de
auga nun portaobxectos e exténdese a substancia do palillo sobre o porta.
Unha
vez feito isto, débese quentar ata a desecación sen que se chegue queimar o
porta sobre o dorso da man.
Unha vez que se seque a susbstancia colócase o
porta sobre o soporte de tinguidura encima de unha cubeta e agrégase unhas
pingas de azul de metileno sobre tódala zona da extensión realizada. Isto
déixase actuar durante un par de minutos.
A
continuación vértese o colorante na cubeta e co frasco lavador
lávase a preparación ata que non solte
cor.
Unha vez que o porta está limpio colocarase o cubre sobre o porta.
Para
finalizar límpiase os restos de auga que poidan quedar debaixo do porta e na
parte superior, fora da superifcie cuberta polo cubreobxectos. A humidade non é
boa para os microscopios.
E OBSERVAMOS O RESULTADO NO MICROSCOPIO!
Podemos observar claramente dúas das
partes da célula, o núcleo e a membrana.O núcleo podémolo distinguir porque se ve
un punto negro no centro da célula e a membrana podémola ver xa que se
trata de unha superficie dunha cor máis clara que o núcleo o rodea.
Non podemos ver compoñentes máis pequenos da célula porque teríamos que ter un microscopio con maior aumento e necesitaríamos velos con aceite de inmersión. Estas células da cavidade bucal forman o tecido epitelial do interior da boca, nesta mostra aparecen as celulas soltas porque collemos soamente unha pequena mostra, se poidésemos observar o interior da boca cun microscopio nese caso ás células aparecerían xuntas.
Non podemos ver compoñentes máis pequenos da célula porque teríamos que ter un microscopio con maior aumento e necesitaríamos velos con aceite de inmersión. Estas células da cavidade bucal forman o tecido epitelial do interior da boca, nesta mostra aparecen as celulas soltas porque collemos soamente unha pequena mostra, se poidésemos observar o interior da boca cun microscopio nese caso ás células aparecerían xuntas.
PROPOSTA DIDÁCTICA PARA TRABALLAR CO MICROSCOPIO.
OBSERVAR A EPIDERMIS DA CEBOLA.
Material
- Microscopio
- Portaobxetos
- Cubreobxetos
- Pinzas e tesoiras
- Lugol
- Cebola
Técnica
- Separar unha das follas interna da cebola e desprender a tenue membrana que está adherida pola sua cara interior.
- Depositar o fragmento da membrana nun porta cunhas gotas de auga.
- Engadir unhas gotas de lugol e esperar 5 minutos.
- Colocar sobre a preparación un cubreobxetos evitando que se formen burbullas e levala ó microscopio.
- Observa a preparación a distintos aumentos, empezando polo máis baixo. Identifica as distintas células do tecido epidérmico.
ATENCIÓN
Se queredes practicar o manexo do microscopio composto óptico podes usar este simulador en liña. Preme sobre a imaxe.















.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario