viernes, 23 de mayo de 2014

A ciencia dos sentidos.

OS SENTIDOS

Os obxetivos que pretendemos acadar coa realización  destas practicas relacionadas cos sentidos, son os seguintes:

  • Realizar ensaios sinxelos encamiñados á percepción de distintos estímulos. 
  • Establecer modelos básicos de funcionamento dos receptores sensoriais. 
  • Valorar os condicionantes de traballar os sentidos de forma experimental co alumnado de Ensino Infantil. 


Olfato.

O olfato é un dos cinco sentidos que ten o ser human. Os corpos desprenden moléculas que nos percibimos como olores. Estas moléculas entran polo nariz e estimulan as células olfativas situadas en diferentes zonas do nariz, a información obtida por las células olfativas envíase mediante impulsos eléctricos á zona do cerebro encargada do olfato.



¿Cantos olores somos capaces de percibir?

Os seres humans podemos distinguir entre máIs de 10,000 olores diferentes.



¿Todos os animais temos o mesmo sentido do olfato?

Non, de feito o nariz dun can ten ó alrededor de 230 millones de células olfativas comparadas cós 11 o 10 millones do nariz dun human.


Actividad 1

Identificar diferentes sustancias coa axuda do olfato.

Sustancia 1. Canela.
















Sustancia 2.Algún tipo de infusión. Té ou algo así.




Sustancia 3. Algunha especia pero no saberíamos decir cal.















Sustancia 4. Avecren

























Sustancia 5. Vainilla ou xarope

















¿Todos os membros do equipo de traballo as identifican igual?

Non, na sustancia todas coincidimos  en decir que se trata de canela, xa que era un olor que nos resultaba familiar. Na sustancia todas coincidimos que se trara de té ou algún tipo de infusión. Tres de nos consideramos que a sustancia se trata de algún tipo de especia pero non sabemos identificar cal. Unha das membros do noso grupo considera que é xurro. Na sustancia todos nos coincidimos en establecer que se trata de avecren. Na sustancia  todas creemos que a sustancia é vainilla menos unha que cree que é algún tipo de xarope.

Como podedes observar aínda que todas ulimos as mesmas sustancias as percepcións de cada unha son diferentes.

¿Que pode estar sucedendo no noso organismos para que percibamos un olor?

No noso nariz temos unhas células olfativas que ó oler trasmite un estimulo ó cerebro mediante as células nerviosas e fai que percibamos os olores. Os corpos desprenden moléculas e esas entran polo nariz e estimulan diversas células olfativas  que se dirixen a zona do cerebro encargada de identificalo.

¿Os animais usarán o alfato igual ou dun xeito diferente ca nos?

Os animais usan o alfato de xeito diferente que nos, porque dependendo da especie teñen máis ou menos células olfativas.



O gusto.

Para experimentar co gusto probaremos catro sustancias diferentes e iremos localizando no debuxo dunha lingua nas zonas onde localizamos ese sabor. No noso grupo costounos moito identificar as mostras dado que os vasos estaban reutilizados e no noso caso todas as mostrar sabían a vinagre.




Imaxina que colocas un anaco de papel de cociña sobre a lingua para absorber toda a saliva ata deixar a lingua completamente seca. De seguido, introduces unha sustancia sólida na boca (por exemplo unha onza de chocolate) e a deixas sobre a lingua. Crés que captarías o sabor desa sustancia? Por que?

Non, porque a saliva é necesaria para captar o sabor dos alimentos. Para que os alimentos teñan sabor, é necesario que primeiro, as sustancias químicas que conteñen se disolvan na saliva, unha vez disoltas, estas sustancias químicas poden ser detectadas polos receptores das papilas gustativas. 

Coñeces outro tipo de linguas que teñan unha función diferente á da humana?

As serpes desenvolveron órganos sensoriais, tales como a lingua bífida, a cal se alberga nunha cavidade chamada o órgano de Jacobson, que lles serve para percibir olores e ademáis detectar cambios de temperatura.


O tacto.

Podemos definir o sentido do tacto como a percepción de la presión xeralmente na pel. Con a evolución desta práctica como xa veredes a continuación podemos observar que en función da parte do corpo na cal se nos toque percibimos unhas ou outras cousas.
Para traballar o tacto fabricamos 7 pezas de plastilina  duns 4.5 cm de largo. Na primeira peza cravaranse dous palillos separados de 4 cm un do outro, logo fomos restándolle as a distancia entre os palillos ata chegar a 0.2 cm.



Logo levaremos a cabo a seguintes actividade que consistirá en colocar cada unha das pezas no antebrazo, n aman e no dedo e comprobar se sentimos as dúas puntas ou non.
Pezas
Antebrazo
Man, tanto no lado superior e inferior
Dedo
A 4 cm
1
2
2
B 3 cm
1
2
2
C 2 cm
1
2
2
D 1 cm
1
2
2
E 0.5 cm
1
1
2
F 0.2 cm
1
2
1

Pezas
Antebrazo
Man
Dedo
A 4 cm
1
2
2
B 3 cm
1
2
2
C 2 cm
2
2
2
D 1 cm
1
2
2
E 0.5 cm
1
1
2
F 0.2 cm
1
1
1

Como podemos observar nas táboas vemos que o resultado, non son iguais pero si moi semellantes. Observamos que no caso dos dedos os resultados son idénticos pero vemos que no caso do antebrazo observamos unha diferenza na peza C ( 2 cm). Tamén podemos observar que no caso da man, existe unha diferenza na peza F (0.2 cm)

O oído. 

Podemos definir o sentido do oído ou da audición como sentido da percepción de vibracións do medio que oscilan entre 20 y 20000HZ. O son pódese tamén detectar como vibracións conducidas a través do corpo polo tacto. As frecuencias que están no foro do campo citado, máis baixas e máis altas, soamente se detectan desta forma.

Para a realización desta actividade, o primeiro que fixemos foi coller catro copas e unha probeta. Logo introducímoslles auga nunha delas 20 cl., 15 cl., 10 cl.e a última deixémola baleira. A continuación golpeamos as 4 copas para intentar sacarlles un son. Pero xa antes de comezar sinalamos que creemos que vai dar o son más agudo a copa  que non contén auga e o son mais grave a copa con máis auga.




Tipo de son
A (10 cl.)
Seguinte a aguda.
B (15 cl.)
Entre aguda e grave. (nin grave-nin agudo)
C (20 cl.)
Más grave.
D (0 cl.)
Más agudo


 A explicación de porque se produce un son diferente entre unha  copa e outra radica no espazo que queda da copa sen auga. Nalgunhas copas o bacío era todo , producíndose un son moi agudo e nas copas onde o bacío era menor o son producido era máis grave. 

PROPOSTA DIDÁCTICA.

Finalmente para traballar a vista dun modo máis lúdico, xogaremos á pitiña cega no patio do colexio. Para isto taparémoslle os ollos  un neno ou nena, cos seus compañeiros en fila india dirémoslle que debe atopar a un compañeiro ou compañeira en concreto. Coa axuda do tacto distinguirá a este compañeiro ou compañeira no medio de toda a clase




Tamén traballaremos a vista facendo que cada neno e nena dibuxen a un dos seus compañeiros cos máximos detalles posibles, cando todos o teñan feito faremos un mural na aula de todos os debuxos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario